Ardora 10 creación de contidos escolares para a web

Ardora, como software que xera sofware sobre o que se sustentan contidos web, para os efectos de licenza, presenta tres grandes bloques:

O programa Ardora é totalmente gratuíto, sempre e cando sexa usado de forma persoal, sen caracter lucrativo e con fins estritamente educativos. Non está permitida a súa descompilación en todo ou en parte.

O software xerado por Ardora está baixo licenza Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0), especificada nas cabeceiras dos arquivos creados, debendo contactar co autor para calquera outro uso.

Os contidos creados polo usuario de Ardora así como os arquivos achegados polo usuario para a súa creación (arquivos de audio, imaxe, etc) son responsabilidade do propio usuario, podendo licencialos da forma que estime máis oportuna sempre e cando se respecte a licenza e propiedade do software que sustenta aos contidos (software xerado por Ardora) sobre o cal o usuario non ten ningunha propiedade e que, en ningún caso, será obxecto de cambio de tipo de licenza, feito que se deberá de poñer claramente de manifesto no momento de licenciar os contidos.

.