Ardora 10 creación de contidos escolares para a web
Ardora é unha aplicación informática para docentes, que lles permite crear os seus propios contidos web, dun xeitomoi sinxelo, sen ter coñecementos técnicos de deseño ou programación web. 

Con Ardora pódense crear máis de 40 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, simetrías, esquemas, etc; máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou mp4, etc; "páxinas para servidor", anotacións e álbum colectivo, liñas de tempo, póster, chat, poster, sistema de comentarios e xestor de arquivos, pensadas fundamentalmente para o traballo colaborador entre o alumnado, así como as utilidades que permiten presentar conxuntamente varios contenidos como os paquetes de actividades, espazos web ou os escritorios virtuais (desktop).

O profesor ou profesora só debe centrar o seu esforzo nos elementos a incluír, non no seu tratamento informático.

Ardora 10 crea contidos baixo a última tecnoloxía web, html5, css3, javascript e php polo que NON é necesaria a instalación de ningún tipo de plugin, isto implica que se pode acceder aos contidos independentemente do tipo de sistema operativo e/ou dispositivo que se use (tablets, móbiles...), unicamente deberase de contar cun navegador que soporte estes últimos extándares como firefox, chrome, ópera...