Novidades

Versión 11.0 10/06/2026
EXTENSIÓN PARA MOODLE

Versión 2.0: Nova versión do plugin de Ardora para Moodle. Nesta versión engádese a posibilidade de usar as páxinas en servidor que crea Ardora. Incluso pódense crear espazos web que conteñan estas páxinas en servidor e introducilas en Moodle mediante esta versión do plugin sempre e cando o ficheiro zip (botón de exportar a Moodle) fose creado coa versión 11. O plugin pódese obter dende o menú de utilidades do programa ou dende a páxina oficial de Moodle.

Na aula oficial de Ardora ten varios titoriais (acceso de convidado) sobre o seu funcionamento.

CONTROL DE USUARIOS

Novo sistema de control de usuarios: A partir desta versión podemos colocar en paquetes, espazos web e calquera das "páxinas en servidor" un control de usuarios que permite engadir, eliminar ou modificar os seus datos. Se xa posúe contidos con control de usuarios creados con Ardora tan só ten que crear un novo control de usuarios con esta versión (volver a publicar) e engadir este aos seus contidos (paquetes, espazos web...).

PAQUETE DE ACTIVIDADES

Agora, nas plantillas cuxo nome comeza por "header" podemos engadir a nosa propia imaxe de "cabeceira".

PÁXINAS MULTIMEDIA

Texto e imaxes: Engádese a opción de "check overflow:hidden" que evita la aparición de scroll nestes tipos de contido.

Esquemas: engadiuse o botón de "variña máxica" que o que fai é "reorganizar" o esquema.

Blockly: engadida a posibilidade de gardar/abrir o programa realizado.

PÁXINAS EN SERVIDOR

Debido ao novo "control de usuarios" introducido nesta versión, modificáronse, actualizáronse e melloráronse todas as páxinas en servidor que se poden crear co programa. Agora estas páxinas poden formar parte de espazos web, "desktops" ou ser introducidas directamente en Moodle mediante o novo plugin.

UTILIDADES

Desktop: nova versión mellorada que co novo control de usuarios e usuarias, agora, ademais de poder engadir/eliminar/editar os usuarios do noso escritorio, tamén o coordinador ou coordinadora terá datos relativos aos login e logout realizados polos usuarios ou os ficheiros subidos ou eliminados no xestor de arquivos.

Versión 10.309/05/2025
ACTIVIDADES

Xeoplano: Nova actividade. Simulación da ferramenta didáctica para o ensino da xeometría.

Clasificar - táboas: Nova actividade que permite a clasificación de textos e/ou imaxes nas distintas celas dunha táboa.

Xogos de palabras - crucigramas: Engadida a posibilidade de indicar as letras incorrectas así como de axustar o espazo entre cada cela do crucigrama.

Actividades con gráfico - crebacabezas: Engadido un novo tipo de crebacabezas.

PÁXINAS MULTIMEDIA

Esquema: Agora podemos iniciar a páxina cun esquema previamente gardado.

Panorama: Mellorada a función de amosar/agochar as mensaxes emerxentes (tooltips).

Libro: Engadidas as funcionalidades de pantalla completa e comportamento "responsive".

Pizarra: Nova funcionalidade para reflectir unha imaxe vertical e horizontalmente. Correxido o erro cos esquemas en Firefox.

ASPECTO DA APLICACIÓN

No menú de "Utilidades - Configurar Ardora", no apartado "Scale", podemos determinar o tamaño que terá a aplicación, ideal se traballamos con monitores de resolución superior ao estándar VGA. É necesario reiniciar Ardora unha vez seleccionada a nova escala.

Versión 10.215/01/2025
EXTENSIÓN PARA MOODLE

Versión 1.2: Nova versión do plugin de Ardora para Moodle. Nesta versión adáptase o código ás esixencias e estándares de codificación de Moodle. O plugin pódese obter dende o menú de utilidades do programa ou dende a páxina oficial de Moodle.

PÁXINAS MULTIMEDIA

Esquema: nova páxina que permite ver/crear esquemas e interactuar con eles.

UTILIDADES

Desktop: actualizado o código a PHP 8.3.

ASPECTO DA APLICACIÓN

Mellora no aspecto visual da interface da aplicación para Windows 11, Linux e MacOS.

Versión 10.115/05/2024
ACCESIBILIDADE

A páxina multimedia de texto e imaxes e os paquetes de actividades contan, dende esta versión, coa posibilidade de inserir diversos botóns (lectura en voz alta, aumento, redución e cambio de fonte así como a tradución automática a outros idiomas) encamiñados á mellora da accesibilidade aos contidos.

PÁXINAS MULTIMEDIA

Libro: agora presenta a posibilidade de incluír un índice, lectura do texto e ir directamente a una páxina con tan so introducir o seu número.