3.- O traballo final:

Despois de escoller cada unha e cada un os seus animais, tendo en conta o exposto no punto 2, deberedes de polos en común para intentar que non haxa “animais repetidos”.

De cada un dos dous animais deberdes de obter e organizar a seguinte información:
  Imaxe.
  Clasificación: vertebrado ou invertebrado e dentro de cada un destes grupos, mamíferos, peixes... arañas, moluscos...
  Descrición: aspecto, alimentación, reprodución...
  Adaptacións feitas á climatoloxía: pel máis grosa, gran almacenaxe de auga...

Ao final, co traballo de todas e todos, teremos tres álbums, un para cada un dos tipos de zonas climáticas terrestres, con información de diversos animais que viven nelas.