1.- Introdución:
Segundo os seres vivos foron poboando a Terra realizaron diversos cambios, por exemplo, no seu corpo ou no seu comportamento, en función do clima que houbese na rexión que habitaban. Así os animais que colonizaron as zonas máis frías do planeta, xeración tras xeración foron desenvolvendo cambios que lles permitise sobrevivir ás temperaturas extremas destes lugares, moitos deles, ademais de ter abundante pelo, empezaron tamén a almacenar graxa baixo a súa pel que evitase tamén a perda de calor do seu interior. Ao mesmo tempo, algúns deses animais, acostuman a pasar unha tempada practicamente inactivos sobre todo nas tempadas máis extremas.

É dicir, o clima condiciona moito o tipo de animais salvaxes que nos podemos atopar na Terra en función da zona na que esteamos. É imposible atopar pingüíns no deserto (zona cálida) ou iguanas nos polos (zona fría). Neste traballo vamos a falar diso, dos distintos animais que nos podemos atopar en cada unha das zonas climáticas do planeta.