Ardora 10 creación de contidos escolares para a web

VERSIÓN 10.0 - 15/01/2024

  • EXTENSIÓN PARA MOODLE:

Dende a versión 10 de Ardora pódese obtener a extensión que permite inserir contidos creados con Ardora en Moodle. Deste xeito conséguense as mesmas funcionalidades nesta plataforma que as que xa presentaba o programa para os contidos con "control de usuarios", tales como os informes detallados do traballo realizado por cada alumno ou o poder seguir realizando a útlima actividade non resolta correctamente nun paquete de actividades.

A extensión pode obterse dende o menú de utilidades do programa.

Polo momento poden ser levados a Moodle, mediante esta extensión, os seguientes contidos: calquera das actividades interactivas, os paquetes de actividades e os espacios web (as páxinas multimedia poden ser subidas a Moodle como calquera outro contido ao non haber rexistro algún da interacción do alumnado con elas).

No caso das actividades e os paquetes de actividades a extensión anotará no libro de calificaciones de Moodle a puntuación obtenida.

Consulte a axuda do programa para máis detalle.


  • PÁXINAS MULTIMEDIA:

Texto e imaxes: permítese a alineación de vídeo.


  • CUESTIONES XERAIS:

Agora podemos arrastrar e soltar arquivos ard no programa para abrilos.


  • PÁXINAS EN SERVIDOR:

php: adaptouse o código destas páxinas para a versión 8.2 desta linguaxe.


VERSIÓN 9.5 - 10/06/2023

  • COMPORTAMENTO "RESPONSIVE":

Agora os paquetes de actividades, os espacios web e a páxina multimedia “svg” presentan a opción de facer que estos contidos teñan un comportamento “responsive” podendo elexir os dispositivos (PC, móbil ou tablet) nos que teña efecto. Así mesmo podemos determinar en que “orientación” se pode dar este comportamento (horizontal e/o u vertical).


  • PÁXINAS MULTIMEDIA:

Pizarra: o fondo desta páxina multimedia presenta agora a posibilidade de elexir, para a imaxe que poida ter de fondo, ademais do seu tamaño en píxeles, si¡e ésta se adapta (sin deformarse) á ventana, indicando o valor “contain”; se se escala ata cubrir completamente toda a pantalla, mediante o valor “cover” ou se se mantén o tamaño especificado no “ancho” e no “alto”, mediante o valor “auto” (valor por defecto).