Ardora 5 creación de actividades escolares para a web
Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 45 tipos distintos de actividades interactivas: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc, así como máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reproductores mp3 ou flv, etc.
O profesor ou profesora so debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e os arquivos necesarios, ahora so precisará un navegador para visionar o contido.
Nov. 2009 - Nova versión 5.2 Portable (non precisa de instalación), engadida unha nova actividade interactiva (climogramas) así como a posibilidade de crear máis de 10 tipos distintos de páxinas mulimedia e a "utilidade" de crear "espazos web", comenza así o camiño de Ardora á metodoloxía AJAX. Nova tradución ó francés +info
Ardora é totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Non está permitida a súa descompilación en todo ou en parte.