3.- O traballo final:Despois de escoller cada unha e cada un os seus animais, tendo en conta o exposto no punto 2, deberedes de polos en común para intentar que non haxa “animais repetidos”.De cada un dos dous animais deberdes de obter e organizar a seguinte información: Imaxe. Clasificación: vertebrado ou invertebrado e dentro de cada un destes grupos, mamíferos, peixes... arañas, moluscos... Descrición: aspecto, alimentación, reprodución... Adaptacións feitas á climatoloxía: pel máis grosa, gran almacenaxe de auga...Ao final, co traballo de todas e todos, teremos tres álbums, un para cada un dos tipos de zonas climáticas terrestres, con información de diversos animais que viven nelas.